Preténdese deliberar sobre o regulamento para as eleccións primarias das que deberá sair a candidatura para as eleccións municipais de maio. O acto será no Centro Cívico da Ponte ás 18 horas.
Ourense en Común, espazo de confluencia cidadá, organiza este sábado unha xornada para definir o regulamento para unhas eleccións primarias das que saia a súa candidatura para as municpais de maio. de 2015. Nestas primarias todo aquel que desexe participar poderá escoller as persoas candidatas directamente, ordenándoas segundo a súa preferencia. O regulamento que se aprobe deberá ser de doada compresión e transparente, reflexo da pluraidade de persoas que integran Ourense en común, ofrecer un trato igualitario e xusto para todas as persoas que concorran, garantir que todo o poder de decisión recairá no voto cidadán e establecer un sistema de garantías axeitado que asegure o seu cumprimento.
En Ourense en Común participa cidadanía ourensá, persoas dos movementos sociais e de partidos políticos que pretenden «transformar a acción de goberno municipal dándolle o protagonismo á xente da cidade».