Dende a posta en marcha deste proxecto, un total de 296 ourensáns remataron algún dos 20 itinerarios formativos ofertados.

 

Ourense Inserta é un proxecto de inserción sociolaboral da Concellería de Facenda, Emprego e Termalismo do Concello de Ourense, que ten por obxectivo prioritario articular un sistema de integración sociolaboral que permita favorecer o acceso a un posto de traballo daquelas persoas pertencentes aos colectivos máis vulnerables e con maiores dificultades de inserción laboral deste concello a través de procesos de formación especializada en tres ámbitos diferenciados: dependencia, medio natural e hostalaría.

Os almunos de hostelaría e limpeza veñen de recibir os diplomas que acreditan o remate da súa formación, que se extendeu polo último cuatrimestre do 2014.

Dentro deste grupo de alumnos atopáronse 9 do curso de “Operacións Básicas de Restaurante e Bar” (que desenrolou a súa segunda edición dende o 29 de setembroaté o 29 de decembro de 2014, e tivo unha duración de 315 horas); e 14 persoas do curso de “Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais” (cuxa 3ª edición foi organizada dende o 6 de outubro até o 17 de decembro de 2014, cunha duración total de 255 horas).

Estas accións formativas do proxecto Ourense Inserta axústanse aos requirimentos dos correspondentes certificados de profesionalidade, nos que as persoas participantes ademais da formación teórica, contan coa posibilidade de realizar prácticas en empresas, que son o verdadeiro trampolín para a inserción. Ademais, moitos alumnos contan cunha beca económica que axuda a reforzar a participación, pero que sobre todo, é un apoio cara mellorar a súa situación persoal.

360 ususarios
A día de hoxe, xa foron usuarios do proxecto unhas 360 persoas, maioritariamente mulleres con cargas familiares, desempregadas de longa duración, que non contaban con ningún tipo de prestación económica, sendo 296 as persoas que finalizaron algún dos 20 itinerarios formativos realizados nestes dous anos que leva de vixencia o proxecto.

A actividade formativa do proxecto rematará este ano coa segunda edición dos cursos de “Operacións Básicas de Cociña” e “Operacións Básicas de Restaurante e Bar”, que comezarán entre os meses de xaneiro e febreiro de 2015.