O artista ourensán presentará o día 24 ás 20:30 horas o seu último traballo.
Baixo o título «Arenas de Luna», Minimalia volta a Ourense co seu segundo disco de características únicas en España e de gran proxección internacional, despois do seu exitoso álbum debut «Cuentos sonoros», que foi cualificado como o Mike Oldfield español.
«Olas del Sur» é o primeiro tema máis destacado do álbum, unha poderosa melodía de guitarra xunto coa fermosa voz de Rosa Cedrón, un tema emotivo que mestura influenzas do flamenco e do folk.
Entre outras actividades da Concellería de Cultura están a actuación semanal da Banda Municipal, que será o venres no Liceo a partir das 20 h, e a cita co público infantil, coma de costume o domingo ás 12 h co espectáculo «Victor y el monstruo (Frankestein)», dirixida a maiores de 9 anos. A tarde do domingo, haberá outra posibilidade de ver a proxección da película «A Esmorga», tamén no Auditorio ás 18 h.
As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.