O domingo 25 de xaneiro celebrouse na Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda o Trofeo Federación de Esquí Paralelo. O día, soleado e sen vento, perfecto para este evento.

A proba contou cun bo número de participantes agrupados nas categorías nenos mixto, mulleres e homes. O trofeo contou cun gran número de espectadores.
Os participantes teñen que participar un contra un, baixando por trazados paralelos. Deben de realizar cada esquiador dúas baixadas, unha por cada trazado. O vencedor das dúas baixadas pasa de rolda.
A proba disputouse na pista Pluviómetro 2, e foi marcada por Camilo López Anglada (ex campión de España de Esquí Alpino).

Estos conformaron o podio das tres categorías disputadas:
Nenos mixto
1. Ignacio de Bernardo (Club Cabeza de Manzaneda)
2. Paula Sierra (Club Sierraski)
3. Carlota Corredoira (Club Sierraski)

Mulleres
1. María Sierra (Club Sierraski)
2. Sabela Esteban (Independiente)
3. Sara Senlle (Club Cabeza de Manzaneda)

Homes
1. Alberto Fernández (Club Sierraski)
2. Roi Pérez (Club Cabeza de Manzaneda)
3. Lorenzo Sanmartín (Club Conty)