A Unión Deportiva Ourense realizou a primeira asamblea ordinaria da súa historia na que 90 donos do club acudiron.

Un número nada despreciable de asistentes que aprobaron por unanimidade os dous puntos na orde do día.

Presuposto
O primeiro punto era o do presuposto. Modesto García, presidente da UD Ourense, desgranou ao detalle os 103.809 euros de orzamento para este ano. 175 son dunha subvención, o resto de iniciativa privada. A partida máis importante é a dos socios e abonados. Os socios (371 en total) abonaron 100 euros cada un; deses 100 euros o club gardará 70 euros por cada socio fundador (algo máis de 25.000 euros) para futuras continxencias en vindeiras temparas. Outros 25.000 son da cuota de 30 euros que pagou cada socio.

Outros apartados do presuposto son os 14.000 euros dos patrocinadores da camiseta e dos carnéts. En merchandising, lotería, venta doutros produtos pódese chegar aos 13.000 euros. O apartado de taquilla, rifas e bar estiman uns ingresos de algo máis de 11.500. E os xogadores da canteira (60 euros por xogador) e a súa publicidade suporá máis de 7.000.

En canto aos gastos hai que ter en conta que partían de cero e tiñan que mercar todo o necesario. O primeiro equipo suporá nesta tempada un gasto de 35.000 euros, mentres que nos equipos da base gastarase arredor de 30.000.
Material deportivo, arbitraxes, adestramentos, partidos, gratificacións, varios servizos e suministros (luz, lavandería, seguro, etc.), material de oficina, entre outros son os gastos que asumirá o club este ano.

Superávit
Entre os ingresos (sen contar 25.000 euros -70 euros por cada socio fundador- que quedan para outras tempada) e os gastos estiman que a final deste curso haxa un superávit duns 12.000 euros.

Novos directivos
O segundo punto do día era o de incluir na directiva a catro persoas máis. Manuel Cabaleiro, Ángel Muñoz, Mario Gómez e Jorge Paz foron incluidos na directiva polo 100% dos votos. Unha das ovacións máis sonoras foi cando rematou a votación deste punto; a que se lle tributou aos voluntarios foi a outra.

Rogos e preguntas
Animado estivo o momento dos rogos e preguntas na que algúns dos presentes acordouse doutro equipo que pediu xogar no estadio do Couto (o Ourense CF) o que supuxo o reparto de vestiarios, locais e compartir o campo como locais. Tamén recordaron aos responsables de deportes do concello de Ourense e da Xunta de Galicia -Alfonso Vilachá e Mario Guede-; un dos asistentes propuxo declaralos persoas «non grata», por non axudar en nada ao club.
Outro dos temas destacados neste momento da asamblea foi o de tentar adquirir os trofeos do desaparecido Club Deportivo Ourense, no que a directiva comprometeuse indagar ao respecto, para saber as posibilidades reais de conquerilos.