Este xoves, 5 de febreiro, e tras a primeira saída dos cigarróns no día de San Antón, arrinca o Entroido 2015 en Verín co Xoves de Compadres.
Tras as ceas en restaurantes do municipio, a media noite, saída do ‘Carro do Meco’ da rúa Montemaior, para percorrer a rúa Lisa, praza García Barbón, rúas Cruz, Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luis Espada, Lisa e praza García Barbón onde se celebrará o Xuízo e Queima do Maragato.
Durante o percorrido, os compadres irán acompañados do ‘Carro do Meco’, con bica e licor-café, e da música da Banda de Gaitas do Concello de Verín, o Folión dos Lampreas, os Bombeiros Entroideiros de Vences e da charanga Támega, para acabar a festa na praza ca Disco-Móvil Jorge.
Desfiles do Entroido 2015
Este mesmo xoves conclúe o prazo de inscrición das comparsas e carrozas interesadas en participar nos desfiles do Domingo e Martes de Entroido.
A insicrción debe realizarse na Oficina de Información Turística e Sala de Exposicións de Verín, entre as 10 e as 14 e as 17 e as 19.30 horas. Os datos que deben facilitar á hora da inscrición son os seguintes: nome da persoa que inscribe, teléfono de contacto, se é carroza ou comparsa, número de compoñentes e se levan música ou non.