Impártense luns, mércores e venres. De 10 a 12 terán lugar as clases de ferramentas na nube, e de 16 a 18 horas, as de iniciación á informática.

A aula CeMIT do Concello de Verín comeza o ciclo de actividades formativas para este ano 2015, coa realización de dous cursos de informática: ferramentas na nube e iniciación á informática.

Estes dous cursos terán lugar nas xornadas de luns, mércores e venres en dous horarios: de 10 a 12 horas (ferramentas na nube) e de 16 a 18 horas (iniciación á informática). Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT (situada na Avenida de Portugal, nº 11, andar 1- porta 11 ou no correo electrónicos: cemit.verin@xunta.es)

Os cursos de iniciación á informática e ferramentas na nube trátanse das dúas primeiras actividades do ano da aula Multimedia do Concello de Verín, que pechou o ano 2014 coa realización dun total de 125 accións formativas (entre cursos, charlas, videoconferencias e outras actividades externas) e 910 usuarios/as na mesma. Estas cifras permitiron que a aula CeMIT de Verín clausurara o 2014 converténdose, por segundo ano consecutivo, na mellor de Galicia por número de usuarios/as formados/as e actividades programadas, segundo o ránking e datos da propia aplicación XEA da Xunta de Galicia.