A Unión Deportiva Ourense recibe no Couto o domingo ás 16.30 horas a Os Chaos.
O equipo dirixido por Antonio Dacosta ten unha boa oportunidade de acadar unha nova vitoria para manterse invito no grupo 13º da Terceira Rexional.
O rival será un Chaos que non coñece a vitoria, e que ten a Pepe Pego como o seu xogador máis mediático. O máis lonxevo da plantilla foi o fundador do club; facendo tamén as funcións de presidente. Con 72 anos aínda está en activo sendo un exemplo a seguir.
Por todo isto, a UD homenaxearalle antes do encontro facéndolle entrega dunha placa de dunha camiseta.
Pola súa banda, a UD buscará a décimo oitava vitoria consecutiva que o leve a ter máis preto o ascenso de categoría. Esta xornada non so será tres puntos máis, se non que o equipo poderá superar a barreira dos 100 goles a favor; eso será en caso de marcar tres tantos.
Santi
A boa racha goleadora de Santi non pasou desapercibida polos afeccionados, que o nombraron mellor xogador do mes de xaneiro. Con 701 acadou o 48% dos votos. O veterán dianteiro leva nove goles no que vai de tempada, aproveitando os minutos que está no terreo de xogo. Esta racha goleadora levouno a firmar unha media dun gol por partido.