O Concello de Allariz organiza, xunto con Serviocio Ourense, a Heroican Race, unha proba deportiva de resistencia que terá lugar o 14 de marzo en Allariz.
Helena Suárez, concelleira de Deportes, presentaba a Heroican Race, unha proba deportiva de resistencia que “na actualidade está a ter moita relevancia”. A proba ampliará o calendario de eventos deportivos que se celebran en Allariz ao longo do ano.
A carreira percorrerá 8,5 km dende Paicordeiro ata o monte de Penamá, con 9 probas intermedias fixas e 2 ou 3 probas sorpresa.As probas consistirán en cruzar 50m arrastrándose por chan embarrado, subir e baixar unha pendente de 50m cun saco lastrado ao ombreiro ou atravesar un bosque e subir unha parede vertical coa axuda de cordas, entre outras. A duración máxima da carreira é de dous horas e media.
A entrega de dorsais realizarase de 12:00h a 14:00h o sábado 14 na cidade deportiva do Seixo dende onde sairán autobuses, ás 15:00h , ata o inicio da carreira. A saída da proba está prevista para as 16:00h.
O percorrido estará convintemente sinalizado e haberá varios puntos de avituallamento. E ao rematar a proba haberá servizo de masaxistas a disposición dos participantes, ademais de entrega de medallas a todos os finalistas e trofeos aos gañadores de cada categoría.
Poderán participar na Heroica Race de Allariz as persoas maiores de 18 anos con boa capacidade física. Para eso, é preciso inscribirse na piscina municipal de Allariz ou no Centro Deportivo Eiroas en Ourense. As prazas están limitadas a 150. A inscrición ten un prezo de 20 euros para os que se inscriban ata o 22 de febreiro e 25 euros ata o 7 de marzo.