Francisco Veiga e Manuel Baltar

Manuel Baltar reuniuse cos alcaldes  para coñecer os proxectos que se están a desenvolver en ambos municipios.

 

En Riós o presidente provincial mantivo un encontro co rexedor, Francisco Veiga, e con membros do equipo de goberno para coñecer as obras, proxectos e servizos que se están a planificar e desenvolver no municipio, relacionadas co parque empresarial, infraestruturas viarias e servizos sociais.

Posteriormente, en Vilardevós, Baltar mantivo una reunión co alcalde, Manuel Cardoso, e concelleiros do equipo de goberno, cos cales analizou proxectos de mellora de estradas e beirarrúas, parques biosaudables e servizos medioambientais e sociais que presta a Deputación de Ourense a este concello.

Estas visitas teñen como obxectivo coñecer in situ os proxectos que están a desenvolver os municipios, comprobar o bo nivel de execución das obras e servizos de carácter provincial e atender ás necesidades que plantexen para a mellora das condicións de vida dos veciños e da realidade socio-económica de cada municipio.