No número 113 do Barrios Deportivo sacamos en portada a un Club Ourense Baloncesto que recibe esta xornada ao Burgos no Pazo. Tamén falamos do Campionato Galego de Salvamento acuático que se disputou en Ourense con 200 participantes.

Outras novas destacadas na portada foron o Cross de Rivadavia (Campionato Provincial) e unha Unión Deportiva Ourense que sobrepasou a barreira dos 100 goles.

Fixemos unha reportaxe de como está a actualidade do Pabellón Ourense de Liga Feminina 2, que está a atravesar o peor momento da súa historia.
Dúas probas extremas celebraranse nas próximas datas na nosa provincia: por unha banda o Miño Radikal que terá lugar na capital o 22 de febreiro, e pola outra a Heroican Race, que se disputará en Allariz no mes de marzo.

{source}
<div data-configid=»2135477/11411061″ style=»width:550px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

A ximnasia será protagonista en Ribadavia durante a Semana Santa.
En fútbol sala o Cidade As Burgas que vén de perder contra o Futsi recibe esta xornada ao Burela para manterse vivo na loita polo título; o Ourense Envialia desprazarase ata Alcorcón para visitar ao cuarto clasificado. Na Galega Sur, o Sala Ourense continúa a súa marcha triunfal sen coñecer a derrota.
Tiro, pádel, esquí, balonmán, jiu jitsu e moito máis no número 113 do Barrios Deportivo.

Podes descargar o periódico en pdf, aquí
Podes consultalo periódico online, aquí