Nel poderanse reciclar pequenos residuos xerados no fogar (como aparellos eléctricos e electrónicos, pilas, mobles, papel e cartón, radiografías ou lámpadas, entre outros). Terá sete zonas de recollida na cidade, de luns a sábado.

O Concello de Ourense pon en marcha este luns 16 de febreiro o punto limpo móbil, que terá sete zonas de recollida na cidade.
O obxectivo do novo servizo é facilitar á cidadanía a reciclaxe de pequenos residuos xerados no fogar, sen necesidade de desprazarse a un punto limpo fixo.

Poderán depositarse residuos como aparellos eléctricos, e electrónicos, pilas, mobles e enseres voluminosos, papel e cartón, radiografías, restos de pintura, tintas e disolventes, aerosois, lámpadas e tubos fluorescentes, vidro plano, aceite usado de automoción, roupa e calzado, madeiras, metais e aceite usado vexetal.

O servizo funcionará de luns a sábado, con sete zonas de recollida. Poden consultar os horarios e zonas na web www.ourense.es.