Unhas 70 comparsas participaron na tarde do domingo nun multitudinario desfile polas rúas da capital ourensá. Con galería de imaxes e premiados.
Imaxinación ao poder: iconos de whatsapp, animais mariños, frailes, personaxes de videoxogos, series ou películas, cantantes, vikingos, abellas, xoguetes, ou traxes cheos de fantasía e cor foron algúns dos protagonistas das arredor de 70 comparsas e carrozas que participaron no desfile de entroido de Ourense.
{gallery}stories/ocioecultura/20150215_desfileourense{/gallery}
Participaron comparsas de colexios da cidade, asociación de veciños, grupos de amigo, incluso chegadas doutras provincias galegas… con ambientación musical ou sen ela, con coreografías aprendidas ou espontáneas… todo un espectáculo que seguiron desde as beirarrúas do percorrido centos de ourensáns. Moitos deles disfrazados, na súa maioría nenos e algún que outro maior, e competindo en imaxinación coas propias comparsas.
Premios
O xuradodo nomeou como comparsa gañadora do Concurso do Entroido 2015 a «Azucarados de Maside», pola súa orixinalidade e colorido e “La vida es carnaval” raíña do Entroido 2015.
A lista de premios complétase cos galardóns para comparsas de menos de 10 compoñentes: o primeiro premio para «Bandas da Serra», 400 euros; o segundo para «Soños de papel», 300 euros; e o terceiro para » Los juegos del hambre», 200 euros.
Entre as comparsas con máis de 10 compoñentes, o primeiro posto foi para «Azucarados de Maside», 900 euros; o segundo para «Invasión dos bechos», 700 euros; e o terceiro para «Fantasí ade lo que el viento se llevó», 500 euros
Tamén entregáronse premios especiais (todas elas cun premio de 300 euros) á comparsa máis numerosa, «Os trasnos de Concepción Arenal»; á máis graciosa «Lego Family»; á mellor animación «Bajo el mar» e á carroza con mellor deseño para a «Asociación Cultural Andén I».
O Concello de Ourense estableceu axudas para todos os participantes que completaron o desfile e non acadaron ningún premio. Algún dos inscritos non acudiron, quizais por temor á choiva que ao final respectou esta cita tradicional do entroido ourensán.