Informática, Internet, creación de blogs e webs, retoque fotográfico, a nube, DNI electrónico e folla de cálculo son os temas centrais destes obradoiros.

A Aula CEMIT do Concello de Ourense acollerá durante os vindeiros meses de marzo e abril nove cursos gratuítos relacionados coa informática. As persoas interesadas xa poden inscribirse e participar nestas propostas, que teñen como obxectivo achegar a tódolos públicos ao uso das novas tecnoloxías, desde os niveis máis básicos ata outros máis avanzados.
A oferta formativa consta de iniciación á informática, Internet, creación de blogs, retoque de fotografías, ferramentas na nube, creación de páxinas web (nos niveis básico e avanzado), DNI electrónico e folla de cálculo.

Inscricións
As inscricións poden realizarse a través da dirección http://cemit.xunta.es/centro/55. E os interesados en solicitar máis información poden dirixirse á Aula CeMIT (Progreso, 44) ou chamar ao 988 37 45 23.

Datas e horarios
O curso de iniciación á informática impartirase do 2 ao 6 de marzo; o de Internet do 9 ao 12; o de creación de blogs os días 17,18 e 19 dese mesmo mes; o de retoque fotográfico o 23 e 24; o de ferramentas na nube será os días 26 e 27 de marzo; e o que abordará o DNI electrónico será o 17 de abril. Así mesmo, haberá dous cursos sobre creación de páxinas webs, un de iniciación (do 6 ao 10 de abril) e outro de nivel avanzado (do 20 ao 24 dese mes). Todos estes cursos terán lugar de 9.30 a 11.30 horas.

Ademais, haberá outro sobre folla de cálculo, que se impartirá os días 28, 29 e 30 de abril, de 12 a 14 horas.