Este sábado dispútase a xornada número 19 na Primeira División do fútbol sala cos encontros Ourense Envialia – Gironella e o Universidad de Alicante – Cidade As Burgas.
Despois da xornada pasada na que o Cidade perdeu contra o Burela por dous goles a tres e o Envialia arañou un valioso empate na cancha do Alcorcón (4-4).
Nesta xornada o Envialia xoga o sábado 21 de febreiro (17 horas) nos Remedios contra o Gironella. As catalanas non están na súa mellor tempada. Actualmente son décimo quintas -en postos de descenso- con 11 puntos. A vitoria das ourensás servirá para manter viva a ilusión de rematar a tempada entre as catro primeiras.
Pola súa banda, o Cidade visita ao Universidad de Alicante. As alacantinas instaláronse na última xornada na cuarta posición que da acceso á Copa. O Cidade tentará romper a racha de dúas derrotas consecutivas (Futsi e Burela); o rival non será o máis sinxelo que quere manter a cuarta posición.