A Concellería de Xuventude oferta dous obradoiros gratuítos de teatro e danza contemporánea.
Xuventude convida a mozos e mozas de Ourense a iniciarse nas artes escénicas, a través de dous obradoiros, de teatro e danza contemporánea, que se desenvolverán durante os vindeiros meses de marzo e abril.
As persoas interesadas poden realizar a inscrición na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Praza de San Martiño, 2, baixo, ou a través do correo electrónico espazolusquinhos@ourense.es. Son gratuítos, dirixidos a persoas de 15 a 35 anos, con prioridade para as que estean empadroadas en Ourense.
Cun máximo de 12 alumnos, sen necesidade de coñecementos previos, o obradoiro de danza será os luns, mércores e xoves, dende o 11 de marzo ate o 13 de abril, de 17,00 a 19,00 horas. O prazo de inscrición abrirase o luns, 23 de febreiro.
O curso de teatro, do que xa se abrira o prazo de inscrición o 7 de febreiro (e segue aberto), variou as datas de celebración para responder a suxestións de persoas interesadas en participar. Comenzará o luns, 2 de marzo, e será luns e mércores ate o 13 de abril, no Centro Cívico da Cuña.