No Centro Cívico da Ponte a partir das 11 da  mañá, nun acto no que se deliberará sobre o seu código ético

 

Ourense en Común presenta este sábado 21 de febreiro a súa lista de persoas candidatas ás primarias nunha xornada na que tamén deliberarán sobre o código ético que estas deberán asumir. O seu Comité Electoral dará a coñecer o grupo de candidaturas que aspiran a representar a lista cidadá no Concello de Ourensel. O próximo sábado serán presentados
publicamente e abrirase o prazo de campaña electoral (do 4 ao 13 de marzo). As eleccións celebraranse a fin de semana do 14 e 15 de marzo.

Durante toda a xornada deste sábado debatirase de modo presencial no Centro Cívico da Ponte o borrador e as emendas ao código ético de Ourense en Común, presentadas nos días previos mediante a ferramenta dixital DemocracyOS. Calquera persoa pode asistir e opinar sobre temas tan de actualidade como o salario dos representantes electos, a limitación de lexislaturas nas que poderá participar, a revogación de mandatos, entre outros.

Co código ético, a candidatura cidadá pretende delimitar as formas de autogoberno do propio partido e de limitar a autonomía destes representantes electos que deberán estar supeditados en todo momento aos órganos asemblearios da cidadanía organizada.