Medio cento de comparsas participaron no desfile, ao que tamén acudiu unha gran cantidade de público.

 

O Sábado de Piñata de Celanova gaña adeptos con cada edición.  Superheroes, seres mitolóxicos, animais, paiasoso, Cruella de Vil e os seus dálmatas e ata un completo cabaret; ninguén quixo faltar á cita deste xa tradicional desfile no que medio cento de carrozas procedentes de todos os recunchos da provincia percorreron as rúas da vila de San Rosendo, cargadas de música, cor e imaxinación, ante a atenta mirada de pequenos e maiores.

{gallery}stories/ocioecultura/20150221_sabadopinatacelanova{/gallery}

Neste Entroido 2015 as comparsas gañadoras foron Os Arrieiriños de Dacón, Flower Cabaret (Ourense), Lumareda (Carballiño) e Os Azucarados de Maside. Na categoría de grupos, venceron Top Chef (Cortegada), Banthas da Serra (Maceda) e No está el horno para cupcakes (Celanova). Por parellas ou tríos lograron os dous primeiros premios creacións locais, Tres x cinco e Autos locos; e o terceiro, Los juegos del hambre (Ourense). Por último, como participante individual, Bender (Bande) foi o gañador.