O obxectivo principal deste proxecto é definir e valorar unha serie de accións co fin de aumentar os recursos de auga dispoñibles e mellorar a rede de abastecemento en tres núcleos do concello de Muíños: Couso de Salas, Porquierós e Mugueimes.

 

O Diario Oficial de Galicia publica a licitación das obras melloras de abastecemento en Muiños, concretamente nos lugares de en Couso de Salas, Porqueirós e Mugueimes, que conta cun investimento de case 113.000 euros e un prazo de execución de tres meses. A data límite de presentación de ofertas é o vindeiro 27 de marzo.

O obxectivo principal deste proxecto é definir e valorar unha serie de accións co fin de aumentar os recursos de auga dispoñibles e mellorar a rede de abastecemento en tres lugares do concello de Muíños. Así, en Couso de Salas realizarase unha captación de auga nun manancial próximo, para aumentar a capacidade do depósito de abastecemento; e en Porqueirós definirase unha captación de auga e a súa conexión á rede existente coa finalidade de aumentar as reservas de auga de abastecemento.

Por outra banda, en Mugueimes definirase unha actuación de reposición da condución en mal estado de conservación e unha nova condución que abastecerá a parte do núcleo co obxecto de renovar a rede e ampliar esta nas zonas onde sexa necesario.