A festa tradicional itinerante terá a súa primeira cita da tempada no Liceo, a partir das 22.30 horas.
A Asociación Cultural Algaravia e a AOFT-Gomes Mouro poñen andar unha nova edición da Festa tradicional itinerante, Venrespirar. Xa son once os anos que estas dúas asociación veñen organizando esta singular festa, onde a música tradicional ao vivo e o baile son os protagonistas. Nesta edición será o último venres de cada mes ata xuño cando diferentes prazas e locais: o Liceo, praza de san Marcial, Foula, explanada san Francisco, o Posío, As Mercedes, acollerán a festa. Contarán cun abano importante de músicos e bailadores e bailadoras de toda Galiza así como todas aquelas persoas amantes da tradición que se queiran achegar á festa.
Como nas últimas edicións, a partir do mes de maio contarán tamén co público máis pequeno para ir iniciándoo na nosa tradición no Venrespiriño e máis sorpresas que iremos anunciando.
Nesta edición do Venrespirar, que terá lugar no Liceo de Ourense, o grupo de cantareiras de Mos, “As lagharteiras” encargaranse da animación musical e aproveitarán para presentar o seu novo traballo discográfico. Tamén os irmáns Castro, co grupo “Os Lobicáns”, interpretarán pezas do gaiteiro Paco de Escornabois e de Juan Ferreiro de Laroá.
Desde as asociacións organizadoras animán á cidadanía ourensá a achegarse á festa, que é pública e gratuíta.