Destacamos en portada a inauguración do novo edificio xudicial e a entrevista que fixemos ao presidente da asociación veciñal Arranxar, Eladio Pérez.
No interior, informamos do inicio da construción do centro de saúde do Couto, das obras do plan de inversións, da posta en marcha dun punto limpo móbil e do aprazamento do desafiuzamento dunha familia na Ponte.
A renuncia a seguir como concelleira de Democracia Ourensana de Susana Gómez é outro dos referentes informativos da publicación, na que tamén repasamos as novidades na precampaña para as municipais de maio.
Propostas gastronómicas como Xantar, culturais como o Festival «Pórtico do Paraíso» ou de lecer como Ociourense tamén teñen o seu oco neste número, ao igual que as imaxes do entroido ourensán, a actualidade deportiva, e os artigos dos nosos colaboradores
Podes consultar o periódico on line aquí.