O Diario Oficial de Galicia publica unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a licitación da obra de construción do Centro de Saúde de A Valenzá, por un importe de 3,6 millóns de euros e un prazo de execución de doce meses.
O novo centro de saúde contará cun área asistencial, con consultas de medicina, pediatría e enfermería, ademais dun área de atención á muller con consulta de matrona, sala de educación para a saúde e sala da muller, xunto a servizos de apoio como odontoloxía e hixiene dental, ademais de salas específicas para técnicas, de uso polivalente, toma de mostras, atención de urxencias, e servizos de administrativos.
Este novo centro da rede sanitaria pública galega, que atenderá unha poboación de ao redor de 8.500 persoas nun dos núcleos de poboación periurbana con maior proxección poboacional de Ourense, permitirá ao Servizo Galego de Saúde ofertar, tanto a profesionais como usuarios, unha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades asistenciais presentes e futuras deste concello.