O líder do PSdeG en Barbadás lamenta o retraso na execución deste proxecto e que agora “ante a cercanía das eleccións municipais, a Xunta de Nuñez Feijóo volva utilizar este tema dun xeito partidista”.
Xosé Carlos Valcárcel congratúlase de que o proxecto saia adiante, pero reprocha que esta non é a primeira ocasión na que se fai un anuncio destas características.
Os socialistas de Barbadás botan de menos que no anuncio feito público pola Xunta “non se especifique en qué momento do trámite administrativo se atopa o proxecto, pois na información da Xunta só indica que se destinarán 3,6 millóns de euros á construcción do centro de saúde da Valenzá. «Sen embargo, non se di cal será a empresa que se vai encargar da súa construción», apuntan. Os datos subministrados pola Xunta son “xa sobradamente coñecidos” pola cidadanía, sinala Valcárcel.
En canto ao prazo de execución, fixado en 12 meses, os socialistas apuntan que non se detalla cando será aproximadamente a data de inicio nin de finalización, o que “deixa ás claras que pode tratarse dunha nova indefinición”.
O voceiro do grupo municipal socialista de Barbadás considera tamén redundante que “a estas alturas e despois do tempo de retraso no proxecto que veñan agora os gobernantes do PP a falar de infraestruturas modernas, de adaptación ás necesidades ou de dar unha mellor resposta a necesidades de saúde presentes e futuras dos veciños de Barbadás”.