A Unión Deportiva Ourense está a un partido de consumar o ascenso á Segunda Rexional. Pódese ser este sábado no partido contra o Piñor; en Outeiro Grande ás 17 horas.
Os xogadores da UD Ourense xa están conxurados para que non se escape a primeira posibilidade de ascenso. Outra cousa que non sexa vencer non se contempla na plantilla dirixida por Antonio Dacosta. A boa marcha do equipo no grupo 13º da Rexional Preferente facía presaxiar que sería neste mes de marzo cando a UD consumaría o ascenso.
Enfronte terán a un Piñor que ocupa a décimo cuarta posición -penúltimo- con 15 puntos. Equipo, a priori, asequible para lograr ás primeiras de cambio o ansiando ascenso. A UD suma 60 puntos por 15 dos rivais, e os capitalinos levan 100 goles máis aínda que cun partido menos (125 goles da Unión por 25 do Piñor).
Todo fai indicar que os de Dacosta lograrán o ascenso nesta primeira oportunidade, polo que se agarda que o Outeiro Grande rexistre unha boa entrada tanto de simpatizantes do equipo local coma dos visitantes.