No número 115 do Barrios Deportivo sacamos en portadas dúas novas relevantes. Por unha banda, a foto principal é a de xogadores e afeccionados da UD Ourense celebrando o ascenso de categoría no campo Outeiro Grande de Maside. A outra noticia destacada é que o COB está clasificados matemáticamente para disputar o play off de ascenso a ACB.
Tamén destacamos en páxinas interiores que a xogadora do Cidade As Burgas, Vanessa Sotelo, foi recoñecida pola Xunta de Galicia como mellor deportista galega do 2014. Sotelo, ademáis, vén de proclamarse campioa de España (e máxima goleadora do campionato) coa selección galega sub21 xunto ás súas compañeiras de equipo: Ana López (mellor xogadora do torneo) e María Arias; xunto a elas xogador as xogadoras do Ourense Envialia, María Romero e Anita.
En atletismo falamos do Campionato de Galicia de 10.000 metros en pista que se celebrará en Ourense (Campus universitario) o 22 de marzo. Tamén o 22 celebrarase en Ourense a I subida a Montealegre. Bargiela e Teijeiro venceron nunha nova edición dos 10km de Xinzo de Limia.
O Club Salvour organizou na piscina Rosario Dueñas de Ourense o Campionato de España de Salvamento Acuático, cun gran éxito organizativo e de participación, no que o ourensán Ecequiel Quiroga batiu o récord galego de 200 metros obstáculos. Días máis tarde organizaron a Copa Deputación.
Tiro, artes marciais, ximnasia, BTT, rugbi e moito máis, no número 115 do Barrios Deportivo.
Podes consultalo periódico online, aquí