O Concello de Allariz está levando a cabo a reparación da cuberta na cafetería do Fogar dos Maiores.
A empresa especialista, que xa se encargara das obras na cuberta da piscina municipal, está realizando a substitución da cuberta de cinc na cafetería do Fogar dos Maiores. “Con esta obra solventaranse os problemas de reacción da cuberta que provocaban goteiras nos días de moita choiva”, explicaba o Alcalde Francisco García.
A obra, con custe de 13,000 euros, ten lugar nun espazo de dinamización social na que se realizan actividades municipais.