Xa está publicado o número do mes de marzo do periódico Barrios, co máis destacado do acontecido nas últimas semanas nas comarcas de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova.

A conmoción en Vilanova dos Infantes polo homicidio do seu párroco, Adolfo Enríquez, é o tema destacado da publicación.
O tema do mes é a situación laboral da provincia, e a entrevista, ao director da Banda de Música Municipal de Celanova, Miguel Pérez.


Tamén prestamos atención aos actos de vandalismo acontecidos nos últimos días no Camiño Real de Verín, ao remate das obras de mellora do río Limia, ás iniciativas de reciclaxe do Concello de Allariz, ou a creación de visitas guiadas aos referentes turísticos de Celanova.

No apartado cultura e de ocio, informamos sobre a Feira da Oportunidade de Celanova e a Feira do Lázaro en Verín e damos un avance do que será a Semana Santa ao Vivo en Allariz.

Un especial sobre a organización de celebracións, a actualidade deportiva, e os artigos dos nosos colaboradores son outros dos contidos deste número, dispoñible para consulta on line no seguinte enlace.