O domingo 22 de marzo celébranse nas pistas de atletismo do Campus de Ourense o Campionato de Galicia de 10.000 metros en pista. Esta é, polo momento, o único campionato galego que se celebra en Ourense esta tempada.

Ourense volve acoller por terceira vez consecutiva o galego dos 10 quilómetros tanto en categoría masculina como feminina. Tambié haberá un campionato provincial da distancia. A competición está organizada polo Club Deportivo Aurum e a Federación Galega de Atletismo.

Horarios
A primeira das carreiras será o provincial a partir das 11.00 horas. Unha hora máis tarde a quenda será para o Campionato Galego masculino (12h). Á cita acudirán atletas como Alejandro Fernández e Javier Paredes. Fernández vén dunha proba en ruta de 10km homologada (O Porriño) na que correu por baixo dos 30 minutos; o que demostra o seu estado de forma.
Finalmente, a xornada rematará coa proba feminina que dará comezo ás 13 horas. Nela, atletas como Sonia Teijeiro, Soidade Castro ou Iria Fernández, buscarán o cetro autonómico.