As semifinais da Copa Deputación B, os últimos seis encontros de liga e unha asamblea extraordinaria son as frontes abertas da Unión Deportiva Ourense para este tramo final de tempada.
Os homes de Antonio Dacosta lograron o pase á semifinal da Copa Deputación B tras eliminar ao Caldelao nun encontro moi igualado disputado no Couto.
Os visitantes lograron adiantarse no marcador na segunda metade. Pero gracias, a que Julio Salgado empatou deseguido fixo que quedara nun susto o gol do Caldelao.
Adolfo daría continuidade á remontada despois de recoller o rexeite dunha pena máxima fallada por el mesmo e enviada ao fondo da rede.
O terceiro tanto sería obra de Santi para poñer rumbo ás semifinais da Copa. Na seguinte rolda espera o Peroxa, quen eliminou ao Arrabaldo. O Peroxa é líder indiscutible do grupo noveno da Segunda Rexional.
Os encontros disputaranse durante a Semana Santa, sendo o primeiro no campo do Peroxa (xoves 2 de abril) e o de volta o domingo 5 do mesmo mes. o primeiro encontro terá lugar no campo do Peroxa (O Marco) e o segundo no Couto.
Liga
Na Liga tocou descansar á UD Ourense. Trala xornada de descanso dos unionistas a vantaxe con respecto ao segundo clasificado (Palmés) é de 10 puntos.
A vindeira xornada a UD visita ao Castrelo de Miño. O encontro disputarase o domingo 29 ás 16.30 horas no Macendo.
Asamblea
E para completar este tramo final de tempada frenético, a xunta directiva vai convocar unha asamblea extraordinaria (nuns 20-25 días) para aprobar o regulamento electoral, para así, convocar eleccións. A partir dese momento convocarase eleccións para as que haberá que esperar outros 25 días, un mes. Todo fai indicar, salvo que se presente outra candidatura, que ratificarán á actual directiva.