As inscricións débense formalizar no Fogar dos Maiores de Allariz antes do día 30 de abril.

 

A Aula de espera é unha iniciativa do Concello de Allariz que favorece a conciliación familiar e laboral. Ofrece ós pais e nais traballadores a posibilidade de deixar ós escolares de educación infantil e primaria no centro, con anterioridade ó inicio das clases, onde ademais poderán almorzar e participar en actividades. Nela estableceranse as debidas medidas de vixilancia e atención educativa que necesiten os nenos e as nenas en función da súa idade.

Este proxecto nace da necesidade que algunhas familias precisan para atenderen os seus fillos e fillas durante o período de tempo comprendido entre a incorporación ó seu traballo ata a entrada dos nenos e nenas ó colexio.

Os beneficiarios deste servizo municipal son os nenos e nenas escolarizados en Allariz cunha idade de 3 a 11 anos, que comprende o período escolar de 1º de educación infantil a 6º de educación primaria.