O proxecto de “O Bosque Máxico” outorga cada ano este galardón coincidindo co Día Internacional da Auga.
Dende o proxecto de “O Bosque Máxico”, cada ano no mes de marzo, coincidindo co Día Internacional da Auga, otórgase o premio Ouro Azul ás persoas que, dalgún modo, traballan, protexen ou estudian as diferentes formas para que este elemento tan preciado como a auga, se manteña no seu estado máis puro, potable e nivelado posible.
Neste ano 2015, na súa cuarta edición, dende “O Bosque Máxico” fixéronlle entrega deste galardón a Pedro A. Araújo Nespereira, decano da Facultade de Ciencias de Ourense, polos traballos levados a cabo no Campus da Auga, “onde, con diferentes propostas e estudios, preparan a sociedade para a súa manipulación, consumo, aproveitamento, preservación e sensibilización deste elemento imprescindible para o ser humano e toda a Biodiversidade”, destacaron dende o xurado do premio.
O acto de entrega tivo lugar este 24 de marzo no Museo Municipal de Ourense, coa presencia do autor da escultura entregada ao premiado, Toño Monteiro, os rexedores municipais de Celanova e Lobios, un representante de Caldaria e o gañador da edición anterior.