A campaña “Verán 2015” está dirixida a mozos de entre 9 e 17 anos.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín inicia o prazo de tramitación das solicitudes de inscrición dos mozos, entre nove e dezasete anos, interesados en participar na campaña “Verán 2015”, que promove nos meses de xullo e agosto, durante dez ou quince días, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
A través da oferta desta campaña ofrécese a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo de lecer vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital; ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional a través das actuacións que teñen lugar noutras comunidades autónomas de España.
A inscrición inclúe a participación no programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, así como o material para as mesmas e transporte no caso necesario; aloxamento en albergue xuvenil; manutención en réxime de pensión completa; atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto de 50 %, e as persoas usuarias do carné xove o desconto é do 25 %. Devanditos descontos non serán acumulables. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 8 de abril e deben realizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude.