As obras de ampliación do complexo hospitalario, tema de portada de Ourense por Barrios de marzo, xunto á entrevista ao presidente da A.VV. Santa Teresita, Senén Rodríguez.

No interior da publicación, analizamos da man dos sindicatos o panorama laboral en Ourense, e informamos do inicio do funcionamento do radar mónil da Policía Local, da tramitación do grao de Enxeñaría Aeroespacial para o noso campus, da próxima urbanización da rúa Francisco Llorens no Couto, e da solicitude de expediente de honra para Benito Losada, o que fora director da Casa da Xuventude.


Ademais, dedicamos unha reportaxe á hepatite C, unha enfermidade silenciosa e silenciada.

Un especial celebracións, a actualidade deportiva, as imaxes do mes, e os artigos dos nosos colaboradores son outros dos referentes informativos deste número de marzo, que podes consultar on line aquí.