O Código Penal castiga este tipo de infraccións con penas que van dende multa a prisión (de 3 a 6 meses); así como a retirada do permiso de conducir de 1 a 4 anos.
O radar da Garda Civil de Tráfico detectou en febreiro a un vehículo que circulaba pola A-52 á altura de Trasmiras a unha velocidade de 215 km/h, superando en 95 km/h a velocidade permitida.
Tras a correspondente investigación policial para localizar ao condutor do turismo (de alta gama), un veciño de Vigo resultou imputado, o pasado 24 de marzo, como presunto autor dun delicto contra a seguridade vial. Estas transgresións á norma son castigadas polo Código Penal con penas que van dende multa a prisión (de 3 a 6 meses); e, en todos os casos, coa privación de condución de vehículos a motor de 1 a 4 anos.
Dende a Garda Civil de Tráfico fan un chamamento á prudencia e lembran que «respectar os límites de velocidade pode evitar ata a cuarta parte dos falecidos en accidente de tráfico».