Stand do club da calceta

Durante as xornadas da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, o Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ da Escola de Familia Municipal promoveu unha iniciativa solidaria destinada a venda de artigos de calceta e bixutería, co obxecto de recadar fondos destinados a alimentación infantil.

 

Para levar a cabo devandita iniciativa, o Club da Calceta contou cun stand no recinto feiral atendido polas persoas integrantes do mesmo, que se encargaron non só de montar e colocar os produtos expostos senón tamén de vendelos a todos os que visitaron a Feira do Lázaro de Verín. Un gran esforzo e dedicación, por parte destas voluntarias, que permitiu recadar un total de 1.006,82 euros que serán doados para adquirir produtos de alimentación infantil.

Desde o Concello de Verín quérese agradecer a colaboración altruísta de todas as participantes do Club da Calceta durante esas tres xornadas de atención ao público na feira, así como a todas as persoas que doaron os seus traballos persoais para esta iniciativa solidaria.

O Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ iniciouse o 12 de decembro de 2013 co obxecto de ser un lugar de encontro entre as persoas interesadas no aprendizaxe da calceta e en compartir estar labor tradicional.