Aspectos legais, coidados paliativos, saúde emocional e dependencia serán algún dos temas a tratar nos mesmos.
A Escola Rural de Saúde da Limia organiza novos talleres dentro do curso CUIDAR-NOS. O primeiro deles será o 7 de abril, de 10 a 12 horas, e abordará os aspectos legais, incapacitación, testamento vital e última vontades. Será impartido pola abogada e mediadora familiar, Victoria Diéguez.
O 9 de abril, de 16 a 18 horas, terá lugar un obradoiro sobre coidados paliativos da man de Luis Prieto, médico de familia e xeriatra.
Ética e espiritualidade nos coidados será o tema do taller que se impartirá o 14 de abril, de 16 a 18 horas, polo médico experto en bioética Arturo Fuentes.
E xa o 16 de abril, de 10 a 12, a psicóloga Iria Celtia González achegará aos asistentes á saúde emocional e a dependencia.
Os interesados en participar nestes talleres só teñen que inscribirse na Casa da Cultura de Xinzo, onde serán impartidos.
Dende a organización destacan que todos estes docentes colaboran coa Asociación Escola Rural de Saúde da Limia de xeito altruista.