No número 116 do Barrios Deportivo facémonos eco da gran campaña que estan realizando o Club Ourense Baloncesto (na LEB Ouro) e do Cidade As Burgas (en Primeira División). Tamén sacamos en portada a Iria Fernández e Alejandro Fernández, campións galego de 10.000 metros en pista celebrado no Campus de Ourense.

A noticia máis triste foi o descenso, na cancha, do Pabellón Ourense de LF2. Por outra banda, e seguindo con baloncesto, o filial do COB é equipo ascendido á Liga EBA.

En atletismo, ademais do galego de 10.000m presentáronse dúas citas que terán lugar na provincia nas vindeiras datas. O II Desafío 42, que este ano pasará por Xinzo de Limia, O Carballiño e Celanova e a carreira popular Feira do Viño de Ribadavia. A alteta veterán do Ourense Atletismo, Emilia Mesa proclamouse campioa de Europa en xavalina (w60). E Alex Fernández foi o primeiro español en cruzar a liña de meta no medio maratón de Madrid; rematou na sexta posición cun tempo dunha hora catro minutos e 40 segundos.

{source}
<div data-configid=»2135477/12131779″ style=»width:555px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

No Campionato Galego de carabina tendida o ourensán, Jorge Encinas proclamouse subcampión. O club Artai logrou unha morea de medallas no Campionato de España de wushu.

Ademáis de destacar a segunda posición do Cidade As Burgas, o outro equipo ourensán, Ourense Envialia, na competición anda na loita por entrar entre os catro primeiros. O Sala Ourense da Liga Galega Sur está preto de acadar o campionato e con elo o ascenso de categoría.

En rugbi, o Campus Coosur Ourense proclamouse campión galego; o equipo feminino foi subcampión. Todo isto e máis, nas páxinas do número 116 do Barrios Deportivo.

Podes descargar o periódico en pdf, aquí
Podes consultalo periódico online, aquí