Firmaron o convenio o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario xeral para o deporte, José R. Lete Lasa e o concelleiro de deportes do Concello de Ourense, Alfonso Vilachá.
Os tres representantes das tres institución acudiron ao estadio do Couto para firmar un convenio para manter aberto o estadio do Couto. O secretario xeral para o deporte, José R. Lete Lasa confirmou que o custe anual do mantemento do estadio ascende a uns 100.000 euros. Lete Lasa apuntou que do 70% farase cargo a Xunta, do 20% a Deputación e do 10 restante o concello.
Trofes CD Ourense
En canto aos trofeos do Club Deportivo Ourense, desde a Deputación aseguraron que queren facerse con eles, mentres que a Xunta quere facerse co material mobiliario do club.
En canto aos trofeos foron a Deputación e a UD Ourense os que queren poxar por eles. A institución provincial quere facerse con eles para poñelos en exposición pública para todos os ourensáns.
Convenio
En canto á utilización do Couto hai unha cláusula no convenio que impide xogar dous partidos nunha mesma semana. Fai dúas semanas esa cláusula incumpliuse ao ter acollido dous encontros en tres días (UD Ourense – Caldelao e Ourense CF – Atl. Vilariño). O responsable de deportes da Xunta, Mario Guede, explicou que pódese xogar dous encontros na mesma semana «por que o tempo acompaña e non estropea o terreo de xogo. En inverno non podería ser posible». Pola súa banda Lete Lasa sostiña que esa «cláusula non tiña que cumplirse obrigatoriamente».