O Club Ourense Baloncesto logrou a vitoria contra o Prat nun partido que condena ao descenso aos catalanes. 67-55 foi o resultado.
O horario e o día día non eran os habituais e o rival non era o mellor reclamo, ademais de ser unha semana vacacional. A pesar de todo elo o Pazo dos Deportes Paco Paz tivo unha entrada aceptable para presenciar o penúltimo partido na casa do COB antes do play off.
Os homes dirixidos por Gonzalo García de Vitoria quería superar o trámite sen moitos apuros e así o fixeron. O técnico quería dar minutos aos que menos participaron nas xornadas anteriores. Brothers xogou minutos e incluso foi determinante no bo inicio dos locais; Geramipoor apenas xogou por consello médico e Cristian Díaz dispuxo de minutos pero cando o partido complicabase, Rivero era o que estaba en cancha.
Con esta vitoria os ourensáns continuan na terceira posición con 18 vitorias, as mesmas que Valladolid que é cuarto.
A derrota de Breogán de Lugo (83-70 contra Palma) fai que o COB volva a ter opcións de loitar pola segunda praza. A unha soa vitoria dos lucenses buscarán rematar a competición como segundos e así ter o factor campo a favor en todas as eliminatorias.
Final a tres para a segunda praza
Xunto ao COB, Breogán e Valladolid son os equipos que buscan a segunda posición. Os ourensáns son o que mellor calendario teñen: visitan a Oviedo e rematan a Liga na casa contra Navarra. Os lucenses (que aínda poden quedar campións) teñen que visitar a Valladolid e remata en Lugo contra o Prat. O pucelanos reciben a Lugo e rematan en Burgos.
O Burgos pódese proclamar campión esta semana se vence ana cancha do Lleida.