A sección número 2 da Audiencia Provincial ven de dictar un auto polo cal desestima o resurso de apelación interposto frente ao auto dictado con data 19 de decembro de 2014 polo Xulgado de Instrucción número 1 de Verín.
Daquela, en primeira instancia, se arquivaba unha querela interposta contra o alcalde e o teniente de alcalde de Vilardevós por prevaricación por presuntamente discriminar a un traballador.
No auto dictado pola Audiencia Provincial ratifícase aquela decisión xudicial cunha resolución firme contra a cal non cabe recurso algún. Queda probado, pois, o que xa declararan Manuel Cardoso e Ignacio Vivián no Xulgado de Instrucción n.1 de Verín, deixando claro que nunca exerceron discriminación algunha contra o traballador municipal denunciante.
Segundo valora o alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso: «Queda probado que esto non foi máis que un intento de desprestixiarnos de cara ás Eleccións Municipais, xa que non había outra motivación para todo este asunto».