As obras de mellora da depuradora de Xinzo, unha entrevista ao voceiro popular de Calvos de Randín son temas destacados na portada do número de Barrios de abril.
Como tema do mes, incluímos unha reportaxe sobre o emprendemento no sector primario nas nosas comarcas, con entrevistas aos responsables de Biocoop, Patacas AMA, Ecoleia e os creadores das “galeguesas”, Facenda O Agro.
No interior da publicación, informamos das obras da futura residencia de Vilardevós e da ampliación do polígono de Pazos; recollemos o anuncio de que o parque de bombeiros de Xinzo contará cun camión escaleira; damos os datos do balance turístico da Semana Santa en Allariz; analizamos a decisión –e reaccións- de que a romaría Raigame 2015 sexa unha xornada de loito pola morte do párroco de Vilanova dos Infantes; e informamos de que o alcalde de Celanova recurrirá a sentenza que lle recurta o soldo.
{source}
<div data-configid=»2135823/12354686″ style=»width:550px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}
Os resultados do Desafío 42 e a información sobre a quinta carreira Pozo do Demo, os preparativos dos Maios en Verín e Allariz e da Festa do Boi e da apertura do Festival de Xardíns en Allariz, ou a Xira dos Bolechas pola provincia son outros dos contidos informativos deste número.
Podes consultar Barrios on line aquí, ou ben descargalo en pdf.