No número 117 do Barrios Deportivo sacamos en portada aos dous grandes animadores da tempada dos equipos ourensáns: O Club Ourense Baloncesto (LEB Ouro) e o Cidade As Burgas (1ª División).

O COB está a unha vitoria de acadar o subcampionato na Adecco Ouro. Tralo partido contra Navarra saberase en posición remata na Liga. O Cidade As Burgas, pola súa banda, está a piques de certificar o seu pase á Copa de España por primeira na súa historia; o Alcorcón será o rival desta xornada. O outro conxunto ourensán da Primeira, o Ourense Envialia, visita a cancha do líder, Futsi. O Envialia buscará manter as opcións de entrar na Copa.

{source}
<div data-configid=»2135477/12378171″ style=»width:555px; height:464px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

En baloncesto facémonos eco das palabras de Carmen Limia, presidenta do Pabellón Ourense de LF2, equipo que acaba de descender e ve peligrar o seu futuro.

Outro equipo de moda en Ourense é a Unión Deportiva Ourense. Os homes de Antonio Dacosta teñen dous obxectivos ata final de tempada: manterse invitos na Liga e conquistar a Copa Deputación B.

En atletismo presentouse o circuíto de carreiras populares «Correndo x Ourense» que terá a súa primeira proba no barrio do 21 o domingo 26 de abril. Para o día 3 queda a carreira popular de Ribadavia «Feira do Viño do Ribeiro». O Desafío 42 este ano corou a Hassan Lekhili e Yolanda Gutiérrez

Outros deportes destacados son a natación e a ximnasia, que están cunha gran actividade dos conxuntos ourensáns nestas datas. E a patinaxe artística irrumpe con forza da mán do club Ourela, quen organiza no Paco Paz a XIII Copa Galega de Grupos Show.
Todo isto e moito máis nas páxinas do número 117 do Barrios Deportivo.

Podes descargar o periódico en pdf, aquí
Podes consultalo periódico online, aquí