O Sala Ourense Prolsport acaricia o título da Liga Galega Sur despois de vencer no derbi ourensán ao Verín por 3-1.

Dous semanas despois (parón pola Semana Santa e pola folga da Federación Galega de Fútbol Sala) o Sala Ourense retornaba á competición para buscar unha vitoria que o achegara ao título.

O partido foi moi vibrante desde o principio cunha bancadas con bo aspecto polo gran número de animadores dos dous conxuntos.
Na medianía da primeira metade, Tizón abría o marcador para os capitalinos. Con este resultado remataría a primeira metade.

Aos catro minutos da reanudación chegaría a xogada desgraciada do encontro: o xogador do Verín, Rubén, rompíase o peroné; o encontro estivo parado unha media hora. Reanudado o encontro, os de Monterrei buscaban o gol, pero foi o Ourense o que lograría o 2-0 (Juanca) e acto seguido o tres a cero (Tizón), para deixar sentenciado o encontro.
Pero os do Támega non se rendiron e estrelaron varios balóns ao pao antes de que Fran marcara o gol visitante (3-1).

Título
Con esta vitoria o Sala Ourense pódese proclamar campión esta semana si consegue a vitoria contra o Lume Bamboo, e o segundo clasificado (Concello de Mos) perde ou empata fronte o filial del Leis de Pontevedra.