O Cidade As Burgas acadou un punto tralo empate a dous contra o Alcorcón. Mentres, o Ourense Envialia caía derrotado na cancha do líder, Futsi.

A xornada número 25 da Primeira División de fútbol sala non foi moi boa para os conxuntos ourensáns.

Cidade
O Cidade lograba empatar contra un Alcorcón que estase a xogar a súa participación na vindeira Copa de España. As visitantes foron quen de poñerse cun 0-2 na segunda metade. As ocasións alternabanse en ámbalas dúas portarías, sendo as ourensás as que con máis gañas buscaban o gol.

Nos últimos minutos a saída de Candela á cancha central dos Remedios fixo revolucionar o encontro. Nas súas botas tivo unha ocasión que a piques estivo de entrar, pero foi máis tarde cando lograba o gol logo dunha recuperación de Iria en media cancha.

O empate o lograría Vane un minuto máis tarde. Ata o final as franxiverdes o tentarían pero sen demasiada fortuna.
Este punto e a vitoria do Futsi fai que o Cidade quede a cinco puntos do líder.

Envialia
O Ourense Envialia tiña un difícil desprazamento ata La Estación para enfrontarse ao actual campión e líder, Futsi.
As ourensás controlaban o partido sen moitos apuros ata que Fabi conseguía abrir o marcador ao fío dos descanso.
No primeiro minuto da segunda metade Ju Delgado lograba o 2-0. O Envialia lograba recompoñerse e, Laura Fernández recurtaba distancias (2-1). A catro minutos do final, Ju lograba o terceiro e no último minuto a mesma protagonista facía o 4-1. Chiqui deixaba o 4-2 definitivo.

Esta derrota fai que as albinegras alónxense das posicións de Copa. O Envialia agora é sétimo a seis puntos do cuarto.