O cabeza de lista asegura que na súa candidatur prima “a transparencia, a responsabilidade, as ideas, a verdade, a estabilidade e servir aos veciños”
O Partido Popular vén de presentar o que será o seu cabeza de lista en Trives de cara ás vindeiras eleccións municipais de maio, trátase de Jesús Prieto Pérez.
O candidato popular enumerou no acto de presentación as características do seu futuro goberno municipal: transparencia e traballo, rigor e responsabilidade, ideas e ilusión, verdade, estabilidade e servicio a Trives. “Todo elo con diálogo continuo e fluido e, sobre todo, moito, moito sentidiño”, concluiu Jesús Prieto.
Pola súa banda, o presidente provincial e candidato popular á presidencia da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recalcou que “a 33 días das Eleccións Municipais, a única forza política que é capaz de garantir gobernos estables e de futuro nos concellos é o PP de Ourense”.
Lista completa
Xunto a Prieto, completan a lista popular en Trives Agustín Rodríguez, Sergio de Prado, Santiago Álvarez, Sonia García,
Simón Rodríguez, Tomás Vega, Higinio Guerra, Pío Domínguez, Álvaro Mario Álvarez e Gustavo Macía, ocupando do posto número 2 ao 11, respectivamente.
Pola súa banda, de suplentres preséntanse José Ramón López, Roberto Álvarez, Luís Álvarez, José Fernández, Servando Carballo e Domingo López.