Este xoves estará en Xinzo, nun acto que terá lugar as 20:30 horas no salón de plenos do Concello, para presentar a lista que encabeza Elvira Lama e ao resto de candidatos da comarca.

 

Os 10 cabezas lista, así como todos os integrantes da lista de Xinzo, estarán arroupados polo deputado Eduardo Madina, que participará no acto xunto ao secretario provincial, Raúl Fernández, e a tamén deputada Laura Seara.

Cabe salientar que por primeira vez na historia da comarca hai unhas candidaturas paritaria aos 10 concellos, con cinco homes e cinco mulleres como cabezas de lista.

Ademais, a candidata ao concello de Xinzo de Limia, Elvira Lama, presentará neste mesmo acto aos 27 homes e mulleres que a acompañarán nesta cita electoral electoral de 2015.

O venres pola mañá arroupará á candidata de Celanova, Chus Boo, manterá unha comida cos candidatos da comarca e pola tarde participará nun acto de precampaña en Amoeiro xunto ao alcalde, Rafael Rodríguez Villarino.