A voceira do grupo municipal socialista, Elvira Lama denuncia que se está acondicionando o estacionamento diante do híiper chino «con diñeiro de todos en claro trato discriminatorio co resto de comerciantes da vila».
O PSOE de Xinzo denuncia o trato de favor do alcalde e candidato á alcaldía de Xinzo, Antonio Pérez, co hiperbazar chino, xa que o Concello iniciou ás obras de acondicionamento da zona de aparcamento que hai diante do híper, «logo de fai máis de oito anos que os veciños dos edificios onde está situado pagaran o saneamento, o abastacemento e as beirarrúas mediante elevadas contribucións especiais».
Segundo indica a voceira socialista e candidata, Elvira Lama, o custo desta obra «corre a cargo de todo os veciños do pobo para favorecer os intereses dunha gran superficie comercial que vai lesionar fortemente un pequeno comercio local gravemente ‘tocado’ pola crise económica».
En comparación, o resto dos comercios de Xinzo ven como as súas rúas e beirarrúas están en estado de abandono e suciedade durante o resto da lexislatura sen que dende o concello se inmuten, remacha Lama.