Portada Ourense por Barrios abril 2015

Un especial sobre as eleccións do 24M, a entrevista á directiva da A.VV. Os Rosais, e o plan de posta en valor da ponte Romana, o máis destacado da portada do número de abril de Ourense por Barrios.

No interior, informamos das obras na rúa Murga e catro camiños rurais, da petición dunha nova Área de Rehabilitación Integral para o barrio conformado entre as rúas Serra San Mamede, Serra Martiñá e a estrada da Granxa, da valoración dos sindicatos sobre os datos da última EPA e do que deu de si o pleno de abril no Concello de Ourense, con agresión ao edil Gonzalo Jácome incluída.

{source}
<div data-configid=»1855120/12535749″ style=»width:350px; height:364px;» class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

A nova edición do concurso de pinchos Sabores de Ourense, a presentación do XX Derrame Rock ou a celebración da Feira de Artesanía na Alameda son outras noticias que incluímos na publicación.

No eido deportivo, recollemos os resultados da carreira do Vinteún e informamos do playoff de ascenso do COB.

Os artigos dos nosos colaboradores, as imaxes do mes , a axenda cultural e moito máis, no número de abril de Ourense por Barrios, dispoñible para consulta on line aquí.

Tamén podes descargar a publicación en pdf.