Baltar xunto ao candidato do PP en Manzaneda

O candidato popular, Salvador Fernández Cardoso, recalca que o seu programa electoral contempla ao turismo como unha das claves para a creación de emprego no concello de Manzaneda.

 

O Partido Popular de Manzaneda está preparado para impulsar un cambio neste municipio que o sitúe como unha referencia turística dentro da provincia. Así o asume o candidato popular, Salvador Fernández Cardoso, quen defende un programa electoral no que «se contempla ao turismo como unha das claves para a creación de emprego no concello de Manzaneda».

A aposta fundamental baséase no desenvolvemento turístico ligado á enorme riqueza paisaxística do municipio, supoñendo así un decisivo impulso á economía e productores da zona. Exemplo desa riqueza paisaxística é o Castiñeiro de Pumbariños (13’85 metros de diámetro e máis de 1.000 anos de antigüedade, o máis antigo de Galicia) no Souto de Rozabales, declarado Monumento Natural no ano 2000.

Pola súa banda, para o presidente provincial do Partido Popular de Ourense e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, «Manzaneda precisa dun goberno municipal que coñeza as potencialidades do municipio e saiba aproveitar os recursos en cooperación coas diferentes administracións. Unha aposta decidida polo territorio e a cooperación é o que precisa este municipio para poder poñer en valor todo o seu potencial».

A Salvador acompáñano na candidatura Pedro Yáñez, Antonio García, José Antonio Villarino, Miguel Domínguez, Blas Rodríguez e José Basalo.