Formación intensiva en inglés e un obradoiro de repostería para o mes de maio.

A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz ten novos cursos para o mes de maio. Para o sector da hostalería oferta unha formación intensiva en inglés e para os que se queren iniciar na repostería, un obradoiro de tortas e sobremesas caseiras.

O curso de inglés básico para profesionais do sector da hostalería iniciarase o martes 12 de maio. Impartirase na sede da Fundación, en Paciños, os martes e xoves de 10:00 a 12:00,m cunha duración de 12 horas. Ten un custo de 45 euros e permite obter unha capacitación básica para a atención de clientela estranxeira.

Pola súa banda, o obradoiro de tortas e sobremesas caseiras: terá lugar o 13 de maio de 18:00 a 21:00. O custe é de 15 euros e inclúe a degustación final de todos os doces elaborados: tartas de queixo, flans, orellas, cocadas, galletas de abelá…

Para informarse e inscribirse hai que dirixirse ao 988 436 182 ou info@fundacionrgf.org.